Inicio > Música > Metal > Gallaecian Metal Compilation
Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2006
Formato: 2CD
Idioma das letras: Castelán, Inglés , Galego
Código de barras: 8436030490795
Ref.: FAL294
Gallaecian Metal Compilation
Editora: Falcatruada
Que o metal galego goza de boa saúde e ten variedade nas súas ringleiras non será doado de rebater despois de escoitar a Gallaecian Metal Compilation. Este dobre CD, con 26 temas doutras tantas bandas –moitas delas de curta vida, aínda que mesturadas con algunhas das máis clásicas do panorama galego, coma Trashnos ou Unreal Overflows-, é unha iniciativa que xorde da comunidade heavy reunida no foro da páxina www.basanderemetal.com, e que contou co inestimable pulo do guitarrista dos coruñeses Talesien, Carlos Sotelo.
Crossover, black, death, progresivo, doom, clásico, hard rock, gothic... son algunhas das variantes do metal que se recollen neste dobre cedé onde, ademáis, poderemos coñecer máis de preto aos protagonistas da escena máis dura da música galega grazas ás biografías e ás fotos das bandas.
Gallaecian Metal foi promovido e producido polos propios grupos, e Falcatruada imaxe e música, que edita o traballo, apoia a iniciativa e quere colaborar na súa promoción.





