Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2011
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Con Q sin U
Editora: Lobicán Records
Practicamente nove anos despois de comezar a súa andadura musical a banda de rock Deseqilibrio Mental ven editar o seu primeiro traballo de longa duración, doce pezas con letra en galego gravadas nos estudios Pousada Son.
O grupo parte do rock/ metal para tratar nos seus temas diversas cousas que acontecen a miúdo na sociedade actual, realizando unha protesta e intentando chegar á xente coa súa música.
O seu traballo viuse recompensado ó longo destes anos tocando en festivais como o V Verea Rock, XIII Música na Noite ou resultando gañadores do 3º Certame Música Xove 2010.





