Dispoñibilidade: Últimas unidades
Ano: 2008
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8436030491327
Ref.: FAL408
Rosalía 21
Editora: Falcatruada
Participan: Rosalía de Castro
Rosalía 21 (falcatruada’08) é unha revisión en chave de jazz da poesía de Rosalía de Castro, figura central do Rexurdimento da literatura galega.
Parte dun espectáculo multimedia nado no maxín do pianista Abe Rábade, e no que as voces de Guadi Galego e do poeta Anxo Angueira musican o pranto dos versos de Rosalía. Un proxecto, porén, que non se queda na envoltura superficial, senón que supón toda unha renovación estética da temática rosaliana adaptada aos novos tempos: melodía, timbre, harmonía e ritmo. Pero tamén unha reivindicación de textos inxustamente esquencidos que, dous séculos despois de que o espírito torturado da poeta berrase, adquiren unha nova dimensión de actualidade.
Novos aires para a música galega da man do Abe Rábade Quartet -Abe ao piano e na composición, Jesús Santandreu no saxo tenor, Nelson Cascais ao contrabaixo e Bruno Pedroso na batería-, Guadi Galego e Anxo Angueira. Soou por vez primeira no Teatro Malle de La Habana coa presenza especial de Pablo Milanés.
01. A xusticia pola man
02. Padrón, Padrón, Santa María, Lestrove
03. Ladraban contra min
04. Cada noite eu chorando pensaba
05. Negra Sombra
06. A Rosalía/ Altares do Silencio
07. Tecín soia a miña tea
08. Tembra un neno
09. Miña Santiña
10. Alborada
Prólogo de Cantares Gallegos [fragmento]





