Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2010
Formato: CD
Código de barras: 8436030492775
Ref.: FAL650
Introducing
Editora: Karonte, Azos Jazz
Participan: Abe Rábade, Max Gómez
O debut dun cuarteto internacional. Jazz feito en Galicia pero con arrecendo neoiorquino
Introducing Álvaro Vieito é o álbum debut do guitarrista e compositor galego do que toma o nome. O d’O Porriño lidera un cuarteto internacional co xaponés Masahiro Yamamoto ao saxo alto, o estadounidense Ross Gallagher ao contrabaixo, e o galego Max Gómez na batería.
Un traballo con temas orixinais que abrangue todos os xéneros que un poda imaxinar: influenzas do folk, do pop e do rock… todo xunto misturado e sazonado co mellor da tradición do jazz americano e interpretado cunha enerxía inusitada no panorama musical actual.
A historia desta formación, na que conflúen gustos musicais chegados alén do Atlántico e do Pacífico, enténdese no encontro musical entre Santiago de Compostela e Nova Iork. Álvaro e Max coinciden no “Estudio-Escola”, e posteriormente asisten xuntos ao Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra que imparte Abe Rábade.
Cando o primeiro cruza o charco para formarse na New School University coñece a ‘Masa’ e a Ross nas jams que se organizan espontáneamente tralas clases de música. É o momento no que Vieito se dá conta das potencialidades de unilos a todos eles. A formación académica dos componentes de Introducing… avala a calidade do produto final: na prestixiosa New School University de Nova Iork aprenderon de institucións da música moderna como Rory Stuart, Reggie Workman, Joe Chambers, Johnathan Kreisberg ou Vic Juris. Por se fose pouco, engádese o garante artístico de Abe Rábade, impulsor do jazz en Galicia dos últimos tempos.
1- ‘Fordham’
2- ‘O Mesmo Sonho’
3- ‘3 Amigos’
4- ‘Rollest Coastest’
5- ‘Eterna Urdime’
6- ‘Seung Yeon’
7- ‘Nexium’
8- ‘Later’





