Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Dora Maar 74

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2006
Formato: CD

Dora Maar 74

Carmen Dor

Editora: Audia Records
Participan: Roberto Somoza

12,00€

Despois de cinco anos de numerosos directos versionando músicas portuguesas, bossa nova e continuando a súa formación no eido do canto lírico, reaparece cun novo traballo que rompe absolutamente co feito pola artista ata o momento. Aposta por unha sonoridade sensual e suxestiva envolta en harmonías de jazz e letras feitas pola súa man cheas de nostalxia e paixón.

Viu a luz Dora Maar 74 no Nadal de 2006 a 2007, editado por Audia Records. Foi gravado en directo por Pablo Barreiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela, en compaña da banda de jazz que dirixiu o seu arranxista e produtor artístico Roberto Somoza.