Inicio > Música > Infantil > Operación Can
Dispoñibilidade: Suxeito a dispoņibilidade
Ano: 2007
Formato: CD+DVD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8437006898201
Ref.: PAI-V-07/037
Operación Can
Editora: Pai Música
"Operación Can" é un traballo impulsado pola UPAFGA (Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galicia) e naceu co obxectivo de estimular á xente máis nova, utilizando a música como medio, da necesidade de cuidar o noso medio ambiente e moi especialmente ós animais e as prantas. Para iso, que mellor que facer un concurso musical e que os propios rapaces fixeran unha canción orixinal cantada en galego.O premio era a gravación dun disco coas mellores cancións e os que os propios nenos e nenas elexiran as cancións cos seus votos vía email. 32 cancións chegadas de toda a xeografía galega competiron polo premio e case que 10.000 mensaxes electrónicas decidiron a escolla final. As 6 cancións máis votadas foron premiadas coa gravación dun videoclip. "Operación Can" consta dun CD de 16 cancións e un DVD con 6 videoclips, un "making off" e un documental sobre o funcionamento das Protectoras de Animais en Galiza.





