Inicio > Música > Infantil > Meniños Cantores
Dispoñibilidade: Suxeito a dispoņibilidade
Ano: 2005
Formato: Libro+CD+DVD
Idioma das letras: Castelán, Inglés , Galego, Portugués
Código de barras: 8437006898249
Ref.: VG1036-2005
Meniños Cantores
Editora: Pai Música
Unha aperta musical entre Galiza e Portugal tendida por mozos e mozas de dezasete escolas de ambos lados da fronteira. O Proxecto Meniños Cantores é unha ollada á música tradicional de Galiza e de Portugal así como ao futuro da música neste territorio a través da xente máis nova. Máis de cincocentos xoves participan neste disco unidos para cantar e celebrar o seu patrimonio cultural común. Ademais inclúese un DVD no que poderás ver 18 videoclips, un documental de todo o proceso e unha reportaxe sobre o patrimonio inmaterial galego-portugués. Poderás aprender as letras e cantalas porque están incluídas no libro, onde tamén atoparás información de todos os lugares polos que pasou esta inusual expedición.





