Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Estiñada

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2007
Formato: CD+DVD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 9788497826891
Ref.: 1396081

Estiñada

Ledicia

Editora: Autoeditado

20,33€

O Grupo Ledicia nace no ano 1983 no Colexio Manuel Masdías de Caranza (Ferrol), co gallo do festival de música infantil "Cantareliña" e, dende aquela, vén tendo unha actividade ininterrompida. Primeiro de nada cómpre indicar que se trata do único grupo estable que interpreta cantigas infantís propias en lingua galega. O grupo, baseado nos nenos e nenas do colexio, ten cada ano algunha modificación debido á propia dinámica da evolución escolar dos seus compoñentes. Porén, existe unha base fixa que permanece ao longo destes últimos tempos, constituída por ex-alumnos/as, mestres/as, país e naís. Na actualidade, ademais do equipo técnico de son que nos acompaña, o grupo está constituído por: sete instrumentistas, catro voces principais, entre quince e vinte nenos e nenas que fan os coros. Este disco-libro contén CD+DVD.