Dispoñibilidade: Suxeito a dispoņibilidade
Ano: 2010
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8436030493222
Arrolos de Salitre
Editora: Músicas de Salitre
Participan: Xoán Curiel, Pedro Lamas, Quim Farinha, Suso Iglesias
Un disco de 11 arrolos coa música popular como referencia
Guillerme Fernández e Xabier Díaz, membros de Berrogüetto, editan este disco composto por once cancións, no que recollen nanas tradicionais e outras de nova creación.
“Convidámosvos a durmir”. Esta é a invitación que incluirán Xabier Díaz e Guillerme Fernández no seu novo disco, Arrolos de Salitre, onde contan coa participación de oito artistas emerxentes galegos, os cales cederán as súas voces a estas cancións construídas dende a tradición ou empregando a mesma como materia prima para a súa elaboración.
Ademais, o disco incluirá 10 textos de diferentes autores como Carlos Rivero, Xabier Díaz ou unha selección de coplas de tradición oral extraídas do Arquivo de Salitre. Xunto a estas oito voces, as guitarras de Guillerme Fernández e o acordeón e percusións de Xabier Díaz, en Arrolos de Salitre participarán outros artistas como Quim Farinha, Pedro Lamas e Suso Iglesias.
TEMAS:
1 A bicos
2 Tiroliro
3 O meu neno de cristal
4 Arrolín arrolán
5 Corpiño de picote
6 Bercer de Carme
7 Caravel de mel
8 Gaiteiros de vainilla
9 Nana de sal
10 Coma un peto
11 Arrolo de Vigo dos Toxos





