Inicio > Música > Hip-Hop | Rap > Licor Kafé Vol.1
Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2008
Formato: CD
Idioma das letras: Castelán, Galego
Código de barras: 8436030491648
Ref.: LK01
Licor Kafé Vol.1
Editora: Banzé
Licor Kafé baixa forte polas nosas gorxas cun trago rápido e contundente con este sabor galego que esperta os sentidos. Licor Kafé preséntase cunha aposta firme: promover o hip-hop galego apostando na calidade dos mellores artistas galegos do xénero. Licor Kafé é un colectivo formado por El Puto Coke (produtor), Woyza e Aid dúas das máis importantes promesas da Galiza, e tamén o grupo 040 de Soleme e Zentinela. Así e polas mans do produtor El Puto Coke (un dos máis dinámicos MC's da Galiza) en activo por máis de dez anos, chega esta mestura de cafeína con ingredientes de Hip-Hop/Soul a través de Woyza, a potente augardente de 040 (Soleme Zentinela) e o indispensábel azucre de Aid, unha prometedora rapeira de 17 anos. Todo isto foi debidamente producido, gravado, mesturado e masterizado pola man de El Puto Coke entre finais de 2007 e marzo de 2008. El Puto Coke e Woyza son dous dos artistas con certo pasado en edición de disco en Portugal, con varias participacións con Discos de Mundo, Serial, Dealema e Mind da Gap.





