Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Ben deitei

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2010
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8437004660442
Ref.: VR0307

Ben deitei

Safari Orquestra

Editora: Ouvirmos

10,17€

Ben Deitei : Rap nas pistas de Frigsa, un alumno na escola blue note, torta de Guitiriz, un caboverdiano en Burela, a ra de Lourenzá cuspindo auga con decisión, un neno ilusionado cos seus zapatos novos. Todo isto é Ben Deitei, un disco cargado dos ingredientes evolucionados e mellor mesturados, que durante estes anos acompañaron os directos de Safari Orquestra: Beats electrónicos, acid‐jazz, soul, house y funk. Una obra harmónica que xunta diferentes puntos vista sobre a realidade, o que lles outorga licenza para practicar estes estilos sen ningún tipo complexo, respectando sempre, iso si, as raíces. A voz da cantante Najla Shami acerca sensacións suaves e contundentes ó tempo que reforza, con novas melodías e matices, temas como Distancia, Visións ou Xirando conseguindo que Ninguén sabe se transforme nunha canción escuramente deliciosa cando a letra é unha das máis duras do álbum.