Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de 7

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2009
Formato: Vinilo
Idioma das letras: Galego
Características: Single. Vinilo coloreado. Edición numerada. Inclúe gafas 3D
Código de barras: 8436030492102
Ref.: TMZ002

7

Malandrómeda

Editora: Temazo

8,13€

Malandrómeda é serieB, é tecnoloxía, é tradición, monofónico, ribeiro tinto, é fritanga, marcianada, Golden Age, é ir traballar sen durmir, é vinilo, é mandanga, walkman, graffiti, boa pitansa, HIP HOP e moito moito delay, son Caldeirada e Hevi. O imaxinario das líricas bebe tanto dos estantes do fondo do videoclub, coma do que se filosofa nas tabernas. Un rap executado con xeito. E en canto á música...en pouco máis de 2 anos de existencia e con 3 traballos editados: -o primeiro "Os estranos sempre traen malas novas", foi un proxecto en colaboración con 11 artistas gráficos, nun soporte web. E presentábanos unhas bases rebuscadas e escuras. -o segundo "Chegan Tarde EP", un 10" con 4 temas, aposta por un son máis clásico e simple. -o terceiro "7" é un single cos 2 temas máis electrónicos e pesados que fixeron nunca. A día de hoxe non sabemos se voltarán cun novo LP, con media canción ou un musical. O que si que podemos asegurar, é que Malandrómeda cheirará a Malandrómeda.