Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Te vas con cualquiera

Dispoñibilidade: Últimas unidades

Ano: 2009
Formato: CD
Idioma das letras: Castelán, Galego
Ref.: LU 021 CD

Te vas con cualquiera

Novedades Carminha

Editora: Lixo Urbano

12,20€

Despois da boa acollida do seu primeiro curta duración Grandes Éxitos, autoeditado en cassette no 2008 -cuarto disco galego do ano para a revista MondoSonoro- Novedades Carminha presentou o seu primeiro LP, Te vas con cualquiera, dispoñíbel en vinilo dende xuño con Bowery Records e agora tamén en CD, á venda a partires do 17 de decembro a través dos selos Rumble Records (Madrid) e Lixo Urbano (Galiza), incluindo bonus tracks do seu anterior traballo e un videoclip do tema “No uso condón”. Nesta ocasión, a banda compostelá fai unha clara aposta polo punk ibérico dos primeiros anos 80. Melodías atrativas, ritmos tan enérxicos como bailábeis e sentido do humor nas letras caracterizan esta nova referencia. Te vas con cualquiera é unha declaración de intencións por parte de Novedades Carminha, que falan de hostias e de amor, de mocidade e mulleres, os temas que máis interesan a estes trapalleiros, amantes do ocio e do horterismo elegante. Madre, preséntelles á súa filla, pasarao ben!