Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Érguete

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 1997
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 848289031047

Érguete

Xenreira

Editora: Edicións do Cumio

9,86€

A carreira discográfica en solitario de Xenreira resúmese nun único disco: Érguete!!, de 1997, que supuxo unha forte influencia noutros proxetos musicais galegos, tanto da época como posteriores. As súas letras estiveron marcadas por un forte compromiso político independentista, e nelas aludíase á memoria da Guerra Civil Española ("Mil Nove 36"), as mobilizacións dos anos 70 ("Onde a loita se chama Encrobas"), á situación das persoas presas ("Recluso 241"), á desobediencia civil ("Érguete", "Ozono"), ou ao sentimento de internacionalismo solidario coa loita da independencia irlandesa ("Mesmo berce, mesma loita"). Tamén puxeron música ao himno de Acción Gallega, escrito por Ramón Cabanillas. O disco contou coa participación, entre outras persoas, de Ugia Pedreira e Ramom Pinheiro "Chito", (por aquel entón ambos membros de Chouteira), así como do histórico membro de Fuxan Os Ventos, Mini, por aquel entón n'A Quenlla. O disco estaba producido por Kaki Arkarazo, un histórico do Rock Radikal Basco e ex-compoñente de Negu Gorriak e Nación Reixa, entre outros.