Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Ulträqäns

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2011
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8436536510072

Ulträqäns

Ulträqäns

Editora: Autoeditado

9,99€

Cinco experimentados músicos, inzados de retranca e bo humor que só queren xolda, paixón e frenesí, presentan agora o seu disco.

Os Ulträqäns fabrican un punk‐folk de ciencia ficción, frenético e rotundo, que soa familiar aos ouvidos educados nas tabernas pero nos que os sintetizadores e as bases rítmicas do funk e do ska están presentes ao longo do seu potente directo.

Excompoñentes ou compoñentes de grupos coma Os Diplomáticos de Monte Alto, Ruxe Ruxe, Os Papaqueixos, Alberto MBundi e a Turma Angologalaica, Skupe Skapa, GS 21, Deixa que xa!, Tres Trebóns, ou a Banda Tic Tac, por exemplo, inspíranse de composicións tradicionais de Bulgaria, Rumanía, Rusia, Armenia, Irlanda,e por suposto, Galicia, para fusionalas ate acadar unha mestura particular, fiel á consigna de levar as músicas de raigame tradicional ás “discotascas”…

Este CD, aquí presentado, composto por 17 temas, ilustrado polos impresionantes debuxos de Javi Prieto (debuxante Coruñés) ben podería pasar por unha banda deseñada ilustrada con música. Cada debuxo expresa dun xeito impactante os temas do disco.
 


Temas do cd:
1.......Setentáculos
2.......Sqäqäns
3.......Vacas á rúa
4.......Setter Irlandés
5.......Matar
6.......Retello Delta
7.......Losfer Guaus
8‐9....Ranchinchancha
10.....Manasterianca‐Pripoianca
11.....T‐34
12.....Chapeluisa
13.....Djuvarliskata
14.....Cetvorno
15.....Muiñeira do Estropicio
16.....Os Ocelotes
17.....Quimbumbia