Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Revolution Dance

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2007
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8437004660206
Ref.: VR0303

Revolution Dance

GalegoZ

Editora: Ouvirmos

12,20€

Bases electrónicas mesturadas con ska, reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas, irreverentes e ás veces mesmo surrealistas conforman o orixinal son de GalegoZ. Música marxista-electricista, ARANHOTO STYLE!. Música de baile pensada e feita en Galiza. Samplers, loops, percusións, guitarras, ventos e voces, apoiados por vídeo e performance conforman este espectáculo galego multimedia. Este novo disco benefíciase de contar xa coa presenza dunha banda xa ben engraxada e curtida tras un ano tocando xuntos por festivais de todo o país, e que recolle un son máis compacto, maiores influencias disco e dos 70, letras máis irónicas e novas proclamas disco-revolucionarias. A Banda Galegoz está formada por: Marcos Payno (voz), Denís Mutante (voz), Pulpiño Viascón (bateria, percusións e voz), Manuel Payno (trompeta e coros), Alex Salgueiro (frauta travesa e teclado), Tomás Ruído (técnico de son), Matías Olazábal (guitarra), Nell (d.j.) e Chou (v.j.).