Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2009
Formato: CD
Código de barras: 8436030492256
Ref.: MACH001
Post-Bravú
Editora: Autoeditado
Machina é unha banda de Cerceda, unha vila-berce do rock en galego.O disco leva por título “Post-Bravú” e está composto por un total de 13 temas, nos que poderemos atopar as colaboracións de Xabier Díaz, Gendebeat, Mouron (de Dios ke te Crew) e de Xabier Abreu (co-produtor do disco).
Producido e xestionado pola propia banda e gravado nos estudos Ocean de Nigrán, “Post-Bravú” supón unha continuación no son do seu primeiro traballo: metal, hardcore, rock e punk. Unha mestura de sons e estilos que fai característico e propio o son de Machina.
Os novos temas de Machina falan de amor, de violencia, da existencia persoal , da loita, e doutras cuestións transcendentais na vida de toda persoa. As letras están cargadas de forza e enerxía. Son letras sinxelas e directas, que buscan toda clase de público.





