Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2005
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8436030490238
Ref.: FAL112
Lume (Para que saia o sol)
Editora: Falcatruada
Participan: Guadi Galego, David Rubín
Lamatumbá é sinónimo de festa, de verbena e de mestizaxe de estilos… pero este grupo sabe conservar o sabor auténtico das cancións de bar, onde os amigos se xuntan para pasar unha boa troula todos xuntos. A banda foi, sen dúbida, o grupo galego máis importante de 2006, demostrando por todos os currunchos da xeografía ibérica que a música sinceira e divertida que emana de “lume (para que saia o sol)!” contaxia a novos e vellos por igual co seu aroma de romaría. Doce cancións repletas de optimismo e ledicia que reflicten o bo entendemento dun grupo no que conviven metais, percusión, quitarras e mesmo o roncón das gaitas. Toda unha experienza sobre o escenario… e fronte a el: a verbena do século XXI, fusión e festa.





