Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Brasil muito além

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2009
Formato: CD
Idioma das letras: Portugués
Código de barras: 8436030492072
Ref.: FAL563

Brasil muito além

VV.AA.

Editora: Falcatruada, Nothing Toulouse

10,16€

A música, alén das imposicións comerciais e mesmo sociais. Dúas lenguas irmás que queren compartir as súas moitas diversidades. Dous pobos, en definitiva, que reflicten no espello atlántico unha conexión moito mais real ca unha mera raíz lingüística común: conexións migratorias, rexionalismos e localismos comúns, valores musicais e culturais que nunca se deberían perdera través dos anos.
Esta compilación de Dj Macô, bo coñecedor das músicas dun lado e doutro das fronteiras artificiais que separan ambos países, o Brasil e a Galiza, ofrécenos unha fiestra para coñecer cales son as bandas máis puxantes e os estilos que máis forte sonan no país carioca. Unha potente combinación de grupos que sonan a rap, a reggae, a jazz, a samba, a soul, a funk e a rock a partes iguais. Imposible non moverse coas propostas de Sapotone and The Love Rockers, Instituto, Academía da Berlinda, Junio Barreto, Mundo Livre S.A. ou BNegâo & Os Selectores De FreqüÊncia, banda á que xa puidemos ver ao vivo por Galiza anos atrás. 16 bandas, en definitiva, para ampliar as fronteiras mentais e musicais.