Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de A órbita da banda hipnótica

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2010
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8424295048639
Ref.: DM4863-02

A órbita da banda hipnótica

Lamatumbá

Editora: Discmedi
Participan: Almudena Janeiro, Sergio Zearreta

15,81€
14,23€

Fai xa uns cuantos anos, en marzo de 1998, un grupo de amigos xuntaron as súas inquietudes nunha adega de Moreiras. Desta reunión naceu LAMATUMBÁ. Pronto empezaron a pasearse por salas, festas e festivais de toda Galicia, ofrecendo unha mestura de ritmos que non deixaban que os pés quedasen no sitio. O mesmo caía unha cumbia que un reggae, un ska que un pasodobre, e todo mesturado cunha premisa fundamental: a festa, a verbena e o poder denunciar cousas, pero sen perder o sorriso. Logo de tres anos, entran a gravar o seu primeiro traballo, "Pachangüilanuí" (Xingreira 2001), e comezan a compartir escenario con xente como Manu Chao, Mau Mau, Barón Rojo, Hechos contra el decoro...

Cunha formación xa estable, empezan a tocar fóra de Galicia, destacando entre outros o concerto de "Nunca Máis" en Madrid e unha extensa xira polas mellores salas de toda a península como teloneiros da banda arxentina Bersuit Vergarabat. Logo desta experiencia marchan aos estudos Gárate (Gipuzkoa) para, xunto con Kaki Arkarazo, gravar "LUME (para que saia o sol)" (Falcatruada 2005), que os consolida como un dos nomes de referencia no panorama musical galego.

Moitos concertos máis tarde e tras varios cambios de formación, a finais do 2007 , gravar o seu 3º álbum, "Paraugas Universal" (PAI-Música 2008), co que seguen facendo mover os pés e as conciencias a base de rock, ska, funky, merengue, cumbia e calquera ritmo que consiga encher os espíritos de festa en todos os escenarios a os que poidan levar a súa furgoneta.

Tras unha intensa xira de case 2 anos por toda Galiza, España, Portugal e Francia, na que actuaron en numerosos festivais compartindo escenario con bandas como Gogol Bordello, Manu Chao & Radio Bemba, Macaco, Boikot, Huecco,... volven ao estudo de gravación a gravar o seu 4º disco. "A ÓRBITA DA BANDA HIPNÓTICA" , é o novo e mais ambicioso proxecto de LAMATUMBÁ, no que a banda está mais implicada que nunca. Un novo traballo  gravado en Muu! Estudiós de Vigo, baixo a produción de Pedro Feijoo e a propia banda.