Inicio > Música > Fusión | Bravú > 120 Capadores. Homenaxe aos Diplomáticos
Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2007
Formato: 2CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8436030491105
Ref.: FAL399
120 Capadores. Homenaxe aos Diplomáticos
Editora: Falcatruada
Participan: Lamatumbá, Xurxo Souto, Ruxe-Ruxe, Zënzar, Pulpiño Viascón
Ía xa para dezaséis anos que Os Diplomáticos de Monte Alto botaban enriba da mesa unha boa arroutada. Méritos sobráronlles para entrar a formar parte do olimpo da música galega: polo seu son único e senlleiro, un rock alegre a golpe de acordeón, por liderar unha revolución social e artística que deu en chamarse bravú. Pero, sobre todo, por poñer en pé aos cen mil gaiteiros que agochaba esta terra…
A iniciativa de Komunikando.net e do Centro Social Atreu conseguíu arrincar 20 petiscos da música galega actual para esta homenaxe: dende os míticos Rastreros de Chantada, que volveron ao torreiro para este tributo, até os Festicultores, Lamatumbá ou Os Tres Trebóns, a actual banda de Xurxo Souto, voz nos Diplomáticos. No dobre disco 120 Capadores atopamos a particular versión do Gaiteiro de Dixebra, o Castiburón dos Cuchufellos, Esta noite hei de ir aló d’O sonoro maxín e até o Subastado da Banda Potemkin, aínda que tamén as particulares revisións de Galegoz ou Safari Orquestra. Porén, o disco inclúe catro inéditos dos Diplomáticos ao vivo.





