Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2006
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 804071000293
Vida miña
Editora: Fol Música
Participan: Uxía, Xosé Manuel Budiño
Doce son as cancións que conforman este traballo delicado e orixinal de Emilio Rúa no que é posíbel escoitar os ancestrais rozamentos das cordas de zanfona; un cuarteto de cordas que enche de dozura algunhas das súas creacións e distintos sabores que sazonan en diversas ocasiones cancións que conteñen os timbres metálicos de Mañufe Horns, o Low Whistle de Xosé Manuel Budiño ou as achegas polifacéticas de Uxía Senlle nas letras, a produción e a voz de "A Rianxeira", melodía popular que xunto a outra famosa cantiga, "A Saia da Carolina", foron dotadas de orixinais arranxos para esta nova reinterpretación. "Vida Miña", presentado en formato plástico redondeado e cunha máxica colección fotográfica de Alex Moss, ofrece a posibilidade de acceder a contidos exclusivos inserindo o CD no computador grazas á tecnoloxía Ky2audioXS.





