Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2007
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8436030491044
Ref.: FAL376
Tótem
Editora: Falcatruada
Narf é a identidade máis sintética e acústica de Fran Pérez, compositor e cantor da Galiza que reparte a súa actividade entre o teatro e o rock. Neste último apartado, Narf é un dos músicos máis recoñecidos de Galicia, guitarrista único e posuidor dunha delicada voz e altas doses de talento. Árabe, flamenco, brasileiro, africano... as orixes da música de Narf son infinitas.
Tras o éxito de Só Tambor, o seu segundo disco está composto por melodías pop que lle dan forma a sons de todo o mundo. Narf estivo a presentar en Inglaterra as súas novas cancións, de aí a denominación do seu novo álbum: TOTEM (Falcatruada 07). Cando un viaxa polo mundo alimentado por ningunha outra cousa que o interese pola arte, é bom deixar pegadas sobre as encrucilladas de camiños para atopar o camiño de volta a casa. Un tótem é un faro para os mariñeiros de terra, e neste caso marca máis de 20 anos do camiño de Narf cando deixou a súa casa con só unha guitarra ao lombo. Aquí o amor é o que máis dá e o que máis nos doe. Neste TOTEM tamén se senten as voces e as sombras daqueles que tiveron a sorte de camiñar un cacho canda el.
1. Autobiografía
2. Santiago
3. Afroblues
4. 25 de abril
5. O que non sabe
6. O noso son
7. Galician Lullaby
8. soneto da Seta e o Neto e máis na Nata e o Soto
9. nao ten voçé
10. Mercedes
11. Nosa Señora de Belén
12. Espranza
13. Quero ser Tambor





