Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2011
Formato: Libro+CD
Idioma das letras: Galego
Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro
Editora: Zouma
Participan: Uxía, Lois Pereiro, Julián Hernández, Antón Patiño, Lino Braxe, Xosé Manuel Pereiro, Pedro Villarejo
Zouma Records súmase á homenaxe no ano das Letra Galegas adicado a Lois Pereiro coa edición deste libro-CD. Unha aproximación á poesía do autor a través da palabra, a música e a imaxe.
No traballo, Alexandro González pon música a oito textos do poeta, que son recitados por persoas do mundo da cultura galega como Uxía Senlle, Luís Igrexa, Xosé Luís Rivas "Mini", Xabier Deive, Liño Braxe, Julian Hernández e Antón Patiño. A edición conta ademais con ilustracións de Pedro Villarejo, que fai unha emotiva aproximación visual ao mundo de Lois, e os textos de Xosé Manuel Pereiro, no prólogo, e Liño Braxe, coa súa persoal elexía a Lois Pereiro.
Unha coidada edición de 52 páxinas, encadernada con tapas duras e CD incluído, que nos transporta ao mundo de Lois Pereiro cunha selección de oito poemas musicados e ilustrados desde a propia esencia da súa poesía.
LISTADO DE TEMAS: 01.- Contra a morte o amor que vai comigo 02.- Sospeita 03.- Desde a superficie 04.- Unidireccional 05.- Mala Sorte 06.- ¿Que lle podo ofrecer a quen me intente? 07.- A túa presencia 08.- Poderíano escoller como epitafio





