Dispoñibilidade: Últimas unidades
Ano: 2010
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8437006898461
Ref.: PAI-S-10/064
Interior
Editora: Pai Música
Participan: Guadi Galego, Uxía, Marcos Teira, Luis Tosar, Xosé Manuel Budiño, Quim Farinha
INTERIOR é o terceiro traballo discográfico de Emilio Rúa, cantautor Ourensán da terra das Vendas da Barreira (Riós).Emilio presenta un disco, gravado e mesturado en Casa de Tolos e producido pola cantante galega Uxía e o músico brasileiro Sérgio Tannus onde se exploran novos rexistros nunca antes utilizados por Rúa, familiares e cercanos. Neste novo traballo Emilio Rúa conta con coñecidos músicos de Galicia e Portugal e colaboracións destacadas coma a de Luís Tosar, Guadi Galego, Toni Lomba, Quin Farinha, Marcos Teira, Budiño e a mesma Uxía. Adéntrase no mundo tradicional como ven sendo xa habitual e necesario nel e revisa cun aire novo e personal o tema popular galego Lela reinterpretando tamén cancións de autores como Magín Blanco, Uxía e Sérgio. Así mesmo utiliza a poesía de Manuel Rivas para porlle música a un dos seus poemas. É un traballo no que as harmonías gañan un amplo espazo e amósanse co necesario coidado, para dar forma e sentido as doce cancións que conforman Interior.





