Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Galiza a José Afonso

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2001
Formato: 2CD
Idioma das letras: Galego, Portugués
Código de barras: 8482890910935
Ref.: 91093

Galiza a José Afonso

VV.AA.

Editora: Edicións do Cumio
Participan: Fuxan os Ventos, Na Lúa

19,95€

R. Portela, Amelia Muge, Na Lua, Sui Generis, Benedicto, Vitorino, Muxicas, Fuxan os Ventos, etc.

Gravado ao vivo no Parque de Castrelos de Vigo em 31 de Agosto de 1985.

O 10 de maio de 1972 José Afonso actuaba en Santiago de Compostela, como parte da súa primeira xira por terras galegas na que pasou tamén por Ourense e Lugo. No Burgo das Nacións, cantaba, por primeira vez en directo, a canción que dous anos despois, o 25 de Abril de 1974, convertíase en himno e consigna da Revolución dos Caraveis, "Grândola Vila Morena".

Jose "Zeca" Afonso foi todo un exemplo a seguir, facendo música de calidade con raíz na cultura da súa terra, e con contido comprometido coa realidade político-social da época. A estreita relación que tivo con Galiza (que deu lugar a innumerabeis concertos) pode sentirse escoitando a súa interpretación musical do "Achégate a Min Maruxa".

O seu último recital no país foi en Vigo, en 1981. E foi precisamente en Vigo, no auditorio de Castrelos, o 31 de agosto de 1985, onde se xuntaron case vinte mil persoas, nun concerto homenaxe que durou máis de doce horas: Poetas, músicos, escritores, admiradores e amigos do cantautor portugués participaban nun acto que, ademáis de ser un encontro entre galegos e portugueses (sen faltar representación do Timor Leste) tiña entre os seus obxectivos xuntar cartos pra axudar ao cantautor portugués que loitaba contra unha doenza que finalmente o levaría á morte.

O resultado desta maratón cultural que remataba co Grândola Vila Morena, previa actuación do grupo de maior resonancia da época -Fuxan Os Ventos-, foi grabado nun disco, GALIZA A JOSE AFONSO, con beneficios destinados a Aja (Associaçao José Afonso)