Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2011
Formato: CD
Idioma das letras: Galego, Portugués
Acrobata
Editora: aCentral Folque
Participan: Germán Díaz, Pedro Pascual, Pablo Pascual, Quim Farinha, José Manuel Díaz, Alejandro Vargas
Os compositores Ugia Pedreira e Fred Martins presentan “Acrobata”, o resultado dunha conxunción artística natural xermolada tras un encontro entre os dous artistas en Rio de Janeiro en 2008.
Tres anos despois daquela unión nace este disco de autor con composicións orixinais e propias de ambos que será lanzado como un exercicio de verticalidade, é dicir, como unha obra que se mira hacia dentro e se identifica có sinxelo, o íntimo e o reducido mostrando sen demostrar. Trátase, pois, dun traballo que navega entre os dous extremos que delimita a sensibilidade e a forza.
A palabra é o unico vestiario deste traballo onde as linguas galega e portuguesa se saudan dun xeito cordial e responsable. É a poesía a auténtica protagonista e a única con poder absoluto en todas estas composicións engalanadas coa música. “Acrobata” é, sen lugar a dúbidas o mellor exemplo pop do achegamento da Música Popular Brasileira (MPG) coa Música Popular Galega (MPG).
“Acrobata” foi gravado nos Estudios Beograd, o Auditorio de Galicia e o Conservatorio de Ourense, sendo técnico Arturo Valdasano. As gravacións adicionais foron feitas por Quim Farinha, Luis Peixoto, Germán Díaz, Marcelo Martins e Marcos Suzano. Este traballo está producido e dirixido musicalmente por Pedro Pascual, misturado e masterizado en Savik Sound (Caritel-Ponte Caldelas) có técnico Xosé Trincado "Triki" en marzo de 2011. Colaboradores: Pablo Pascual, José Diaz, Alejandro Vargas, Germán Diaz, Marcelo Martins, Marco Suzano, Luis Peixoto ,Quim Farinha, Marcos Vázquez.





