Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Paraíso distante

Dispoñibilidade: Últimas unidades

Ano: 2007
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8436030490726
Ref.: FAL288

Paraíso distante

Loretta Martin

Editora: Falcatruada

12,20€

Funk, jazz e música brasileira, pero con letras que xogan a participar na polifonía estilística das súas cancións. Influídos por bandas como Zuco 103, Jamiroquai, a Fundación Tony Manero ou os Red Hot Chili Peppers, o son de Loretta Martin camiña por sendeiros aperturistas cara a un estilo musical que se erixe no punto de fuga das súas propias pretensións musicais. As súas cancións escóitanse en galego, inglés e mesmo en portugués, e fan que mover os pés sexa unha consecuencia inevitable. Con Paraíso Distante (falcatruada’07), o seu primeiro álbum, chaman á porta dos grandes escenarios, aínda que unha praia ao solpor sería o escenario idílico para disfrutar da música destes tres rapaces coruñeses.