Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2010
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8436010302377
Ref.: GH130
Heroe secreto
Editora: Gaztelupeko Hotsak
O novo disco de Victor Aneiros dálle outra oportunidade á música negra de alma galega. Seguramente é o mellor dos catro publicados ate agora polo músico ferrolán, pois resulta coherente de comezo a fin. A melancolía percorre cada fraseo de guitarra, cada verso cantado. Está feito da materia da nosa esencia: a chuvia e as bágoas. como unha bala líquida, para morrer e para vivir, perdida e atopada. Sobre Heroe Secreto planea unha mestizaxe sen prexuízos, unha fusión natural de tradición e modernidade, jazz, rock e ata algo de funk!, ensartados na columna vertebral do blues. As letras tiradas dos xornais por Víctor conviven coas dos nosos clásicos, Rosalía de Castro, Luís Pimentel, Amado Carballo ou Curros Enriquez e tamén con autores contemporáneos como Ramiro Fonte.





