Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2010
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8436010303244
Ref.: GH177
Brétemas da memoria
Editora: Gaztelupeko Hotsak
En "Brétemas da memoria" alomenos hai tres obras mestras. Facemos esta afirmación sen dúbida ningunha, pensando especialmente na marabilla que é "Autor de westerns", unha evocación tenra e apaixoada de John Ford que era o cineasta preferido de Ramiro. Do célebre director, gustáballe todo o que está sabiamente condensado na canción, isto é: a estirpe de errante irlandés que bebía por dous ou tres, un furioso poeta próximo á xentiña común pero prisioneiro dun fado terrible que procuraba refuxio no bar imaxinario de Monumental Valley. A canción é melancólica, como todo o disco e como boa parte da obra de Ramiro, pero tamén está preñada dunha contaxiosa enerxía. Aquí, a xenial guitarra de Victor é como unha trompeta da cabaleiría, cargando contra o destino, perseguindo o pasado, soando como unha cabalgada libre polas praderías do noso paraíso perdido. O piano de Manuel Gutiérrez, veterano compañeiro nas aventuras musicais de Víctor, semella ser o real acompañamento dun daqueles westerns mudos, proxectado nas paredes dun saloon del Far West. Entre todas as cancións gravadas en Galicia, non coñecemos moitas tan perfectas coma esta.





