Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Admirando a condición

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2011
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8436030493444

Admirando a condición

Sés

Editora: Airapro Producións

12,00€

Desde o rocanrol de Rolling Stone aos ritmos latinoamericanos de Se te vas. Do compromiso e a protesta a golpe de ska de Tempestades de Sal ao 'gharbo' blueseiro de Tola atrás de ti. ADMIRANDO A CONDICIÓN é unha descarga de boas vibracións 100% en galego e cun fío condutor: María Xosé Silvar, autora de todos os temas, lidera Sés cun torrente de voz imposible e unha actitude que canaliza toda a enerxía do disco e do escenario. Unha banda de dez músicos de corte americano, con sección de ventos e coristas incluídas, inédita no panorama musical galego.

A banda que completa Sés xunto a María Xosé Silvar está formada por dez músicos: David Paz (que ademais de tocar o saxofón, é o produtor musical de Sés e responsable, xunto coa propia Silvar, dos arranxos dos temas), Tito José Calviño na guitarra, Octavio Vargas no baixo, Miguel Queixas á batería, Christian Leggiero no piano e Aixa Romay, Lucía Souto e Carla Álvarez nos coros.