Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Renacemento e Barroco (I)

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2002
Formato: CD
Código de barras: 804071022028
Ref.: 25102002

Renacemento e Barroco (I)

In Itinere

Editora: Boa Records

13,70€

Música Clásica Galega 2

Dentro da Colección MUSICA CLÁSICA GALEGA o grupo de Cámara da Universidade de Santiago, In Itinere, ás ordes do seu director, Carlos Villanueva, edita "Renacemento e Barroco (I)", álbum integramente dedicado ao compositor José de Vaquedano (1642-1711), mestre de capela da Catedral de Santiago. Nacido en Puente La Reina (Navarra) en marzo de 1642, atopamos documentos que testemuñan que o mozo José de Vaquedano, xa con 21 anos, buscou primeiro acomodo como cantor en Bilbao, Vitoria e San Sebastián. Tras un paréntese non documentado aparece o navarro en 1680 como mestre de Capela do Mosteiro da Encarnación de Madrid. Este mosteiro estaba estreitamente relacionado coa catedral compostelá, dado que o Arcebispo de Compostela foi Abade da Encarnación por designación real e con carácter vitalicio durante os séculos XVII e XVIII. Vaquedano foi frade Trinitario Calzado e accedeu ao maxisterio da capela santiaguesa o mesmo ano de 1680. A súa carreira profesional desenvolveuse durante a gran expansión barroca da catedral compostelá, falecendo o 27 de febreiro de 1711 en Compostela, e sendo enterrado no Convento das Mercedarias de Santiago. A maior parte da súa obra consérvase no arquivo da catedral, onde foi mestre, excepto tres panxoliñas. Este disco recolle unha selección ( 8 composicións) do repertorio do autor composta por varias panxoliñas transcritas polo musicólogo V. García Julbe, un motete a 8 voces e a Lamentación 3ª de Xoves Santo. As notas, en galego, castelán e inglés, corren a cargo de Carlos Villanueva, director artístico de In Itinere.