Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2004
Formato: CD
Idioma das letras: Latín
Código de barras: 804071006523
Ref.: 25102003
Mestres das Catedrais Galegas (I)
Editora: Boa Records
Música Clásica Galega 3
Nesta gravación recóllense tres exemplos das músicas relixiosas xurdidas nas catedrais galegas de Santiago de Compostela, Mondoñedo e Lugo, tres dun total de cinco centros sacros que integran o ámbito diocesano galego ( Tui e Ourense son as outras dúas). Este tres exemplos corresponden aos autores Melchor López, Antonio Ventura Roel del Río e Juan Montes, respectivamente. O tres compositores abarcan períodos estilísticos comprendidos entre os séculos XVIII e XIX: o Réquiem de Melchor López é unha obra sinfónico-coral de estilo plenamente clásico; o Nisi Dominus de Roel del Río é unha composición para voces e violíns solistas acompañados de continuo, de estilo tardo barroco ou pre-clásico; finalmente, o Magnificat de Montes circunscríbese ao estilo litúrxico solemne propio do século XIX. Estas tres obras están interpretadas pola Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia e o seu concertino Massimo Spadano, o Orfeón Terra a Nosa e os solitas Isabel Álvarez (soprano) , Miro Moreira (contratenor) Gerardo López Gámez (tenor) Jordi Ricart (barítono), todos, baixo a dirección do mestre Joám Trillo. O volume Mestres das Catedrais Galegas conta cun profuso libreto elaborado polo musicólogo e director da colección, Don José López - Calo en galego, castelán e inglés ademais dos textos latinos de cada composición.





