Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2006
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8437004660275
Ref.: VR0201
Canto de nadal
Editora: Ouvirmos
9,14€
Da colaboración entre Resonet e Ouvirmos nace este CD de cantigas populares de Nadal.
Canto de Nadal componse de seis pezas procedentes do ámbito da música popular galega, con arranxos para voz e acompañamento de guitarra barroca ou de tiorba e percusión. O grupo compostelán de música antiga Resonet deléitanos con estes cantos de nadal arranxados e harmonizados por Nemesio García Carril, o Padre Manuel Feijoo e Fernando Reyes Ferrón.
Un disco para regalarmos os ouvidos.





