Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2007
Formato: CD+Libro
Idioma das letras: Galego
Características: Textos en galego, castelán, inglés e francés
Código de barras: 8437004660220
Ref.: VR0202
Cantares galegos
Editora: Ouvirmos
Poesías para ser cantadas... 17 poemas que nacen dunha copla ou cantiga popular que Rosalía desenvolve en diversas estrofas. O ritmo das palabras e a forma dos seus versos son cantados coa música da cantiga popular na que se inspirou. Rosalía coñecía a arte musical dun xeito práctico. Tocaba a guitarra, a arpa, o piano e, posiblemente, acompañou co canto o marabilloso feito da creación dos seus versos. neste proxecto, Resonet toma dos cancioneiros musicais populares as melodías e ritmos das cantigas nas que se inspirou Rosalía e, pon en música algunhas das poesías máis representativas dos Cantares Galegos. O tratamento musical, delicado, respetuoso, e non por iso carente de forza e enerxía, achega así ao ouvinte unha nova visión das poesías de Rosalía que quizáis non estea moi lonxe das recreacións que a mesma escritora facía cantando e acompañándose polos seus instrumentos. Esta coidada edición inclúe un libreto de 88 páxinas con poemas en catro idiomas: Galego, castelán, inglés e francés.





