Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de A Musica Sinfónica Do Século XX

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2004
Formato: CD
Código de barras: 804071006721
Ref.: 25102007

A Musica Sinfónica Do Século XX

Orquestra Real Filharmonia de Galicia

Editora: Boa Records

13,70€

Música Clásica Galega 7

A sétima entrega da colección Música Clásica Galega ten como protagonistas a catro compositores que contribuíron coas súas creacións a aumentar o non demasiado amplo catálogo de música galega do século XX e do XXI. Todos eles son, ou o foron, músicos nados en torno ao ano 1960; algúns se dedican á docencia; inicialmente formáronse nos conservatorios galegos e posteriormente no Conservatorio de Madrid, crecendo baixo o maxisterio do autor e profesor Rogelio Groba. Entre as características desta xeración, que excedeu os corenta anos, podería citarse a súa vinculación co mar no seu universo creativo ou o feito de non citar directamente motivos propios do folclore galego. Entre as características formais cabe destacar a procura da beleza sonora, certo rexeitamento ao experimentalismo como tal, a tendencia a preponderar o compoñente máxico e mistérico no uso das harmonías, o gusto pola tonalidade ou a ambivalenciatonal, o uso do pantonalismo e do politonalismo como marco de escritura dalgunhas obras, o interese polo efecto sensorial e o uso dos recursos orquestrais sen a intervención de medios electrónicos.