Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Só Son Sons

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2008
Formato: CD
Código de barras: 8436030491570
Ref.: FAL470

Só Son Sons

2uS

Editora: Falcatruada
Participan: Fernando Abreu, Pablo Carrera

12,20€

Dous músicos, Fernando Abreu e Pablo Carrera, dous instrumentos reflectidos o un no outro coma nun espello, clarinete e guitarra eléctrica, dúas procedenzas diferentes converxendo nun mesmo punto.

2uS lese DouS. Simple, porque son dous músicos, dous instrumentos reflectidos o un no outro coma nun espello, dúas procedenzas diferentes converxendo nun mesmo punto: visións diferentes pero complementarias. Unha doble personalidade de son acústico i eléctrico, temas ceibes e outros máis melódicos e elaborados. Porque a aventura de Fernando Abreu (clarinete, membro do cuarteto Caramuxo e colaborador, entre outros, de Mercedes Peón, Sete Saias, Batuko Tabanka…), e Pablo Carrera (guitarra eléctrica en Dr. Harapos) adiántasenos con toda unha declaración de intencións: en “Só Son Sons” non hai que tratar de buscar razóns teorícas, senón deixarse levar pola sonoridade e disfrutar a música dun xeito máis sensorial e menos intelectual.
Música instrumental con amplas influenzas do jazz, do funk, da música contemporánea, do world music... 2uS achéganos unha fórmula musical moi achegada ao conceito actual de jazz europeo: hai improvisación, pero tamén elementos e influenzas do amplo espectro de estilos musicais que comparten ambos músicos.