Inicio > Música > Alternativa > Pressing Catch
Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2010
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8436030492904
Ref.: FAL663
Pressing Catch
Editora: Berrobambán
Participan: Dios Ke Te Crew, GalegoZ, Novedades Carminha
12 cancións dende o ring
Este CD naceu no marco do proxecto Pressing Catch, de Berrobambán. Alén do espectáculo teatral, con texto de Paula Carballeira e dirixido por Quico Cadaval, o ring de Pressing Catch abrangue diversas canles de acción: a publicación do texto en Edicións Positivas, tamén á venda en Toupa, as posibilidades de interacción a través da web ou esta iniciativa musical, que botou a andar en outubro do 2009, dirixida a grupos emerxentes que compuxesen as súas cancións en galego. Ao longo de tres meses, varios grupos galegos enviaron os seus temas, inspirados polo espírito do proxecto, a un certame para o que Berrobambán contou co apoio da plataforma Komunikando.net. Foron un total de 24 as cancións presentadas a concurso, das que o xurado escolleu estas doce:
1.Soyuz Sound System co Tini Templado - eletroni-K.O.
2.ShitPony - Violencia
3.Es un árbol- O último comechurros
4.GalegoZ - Apocalipse Agora
5.fucoxabier – Meniños bomba
6.Novedades Carminha – Mata a teu pai
7.Meninos Carentes – Non me van matar
8.DKTC – Ollo ó parche
9.Impulsos criminais - Impulsos criminais
10.Sacha na horta – Barbeito por dereito
11.Spinochordodes – Esmendrellando trebellos
12.Grupoh! - Loitah!





