Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2011
Formato: 2CD
Código de barras: 8436030493154
Doubles
Editora: Xingra
Doubles é o novo proxecto do clarinetista lalinense Xocas Meijide. Trátase dun dobre CD, no que Xocas Meijide interpreta pezas de música contemporánea para clarinete e clarinete baixo, compostas por Luciano Berio, Elliott Carter, Isang Yung, Donald Martino, Henri Bok ou Patrick van Deurzen, algúns dos autores máis relevantes do xénero contemporáneo a nivel internacional.
Joaquín Meijide, máis coñecido como Xocas, é un prestixioso clarinetista apaixonado da música contemporánea e de cámara. Despois de tocar en varias orquestras, como a Sinfónica de Galicia ou a Real Filharmonía de Galicia, actualmente compaxina o traballo na Banda Municipal da Coruña coa súa carreira como solista por todo o mundo.





