Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Rinocerontes e quimeras

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2006
Nº de páxinas: 158
Idioma: Galego
Código de barras: 9788496772175
ISBN: 978-84-96772-17-5

Rinocerontes e quimeras

Marcos S. Calveiro

Editora: Tambre

9,60€

Remata o século XIX. Os avances da ciencia deixan pegada no presente. Nun vagón de tren amoréanse sete monstros de feira, sete nenos que antes foron o grande atractivo do prodixioso circo de Mister B. O empresario, un home feito a si mesmo, mudou a estes nenos deformados por un teatro de autómatas. Abandoando tamén as quimeras disecadas, que xa non fascinan ao público. A maquinaria do mundo, como a ruleta do casino, xira sen repouso, e sete nenos, outrora figuras dun cartel de cores, reflexionan sobre como saír da vía morta onde as súas vidas se dilúen.