Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2011
Nº de páxinas: 208
Idioma: Galego
Código de barras: 9788499141848
ISBN: 978-84-9914-184-8
O noso amor será eterno
Editora: Edicións Xerais
O trobador Buserán tiña dezaoito anos, era home forte, de mirada chea de nobreza. A súa amada, Frolinda tiña 16, posuía unha beleza que estremecía os seres sensibles e o seu corazón estaba enchido de bondade e xenerosidade. Sentiron que querían estar abrazados, cada un habitar nos brazos do outro, comprenderon que nada na vida tería sentido se non a vivían xuntos, xuraron que seguirían unidos, pasase o que pasase. Buserán prometeulle que a forza do seu amor non sería inútil e Frolinda aseguroulle que o seu amor sería eterno. Rocío e Ramón, veciños da mariñeira vila de Muxía, ese mascarón de proa da vella Europa, coñecerán no acantilado da furna Buserana a fermosa pero tráxica historia de amor eterno entre aquel trobador e a súa namorada.





