Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de O coitelo sutil

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2008
Nº de páxinas: 272
Idioma: Galego
Código de barras: 9788496957527
ISBN: 978-84-96957-52-7

O coitelo sutil

Philip Pullman

Editora: Faktoría K de Libros
Tradución: Fernando Moreiras

16,00€

A partir de 12 anos

Extrañas desaparicións. Unha nena especial. Un segredo desvelado. Unha arriscada misión de rescate. Marabillosos enxeños. Mundos paralelos. Aliados e inimigos... Trala publicación de “A aurora boreal”, neste segundo volume da triloxía “A materia escura” Lyra e Will viaxan de mundo en mundo e descobren un segredo: un obxecto de poder extraordinario e devastador. Pouco a pouco achegaranse a ameazas cada vez maiores e á sorprendente verdade dos seus destinos...

A Will agárdalle unha grande aventura; dende que fuxiu tras acabar cun home que buscaba información sobre o seu pai desaparecido, ocórrenlle feitos sorprendentes: entrou nunha dimensión descoñecida, onde coñece a Lyra. Ambos loitarán para acadar un obxectivo común,pero non será nada doado porque o mundode Cittàgazze está cheo de perigos. Alí agárdaos un obxecto misterioso e que ten moito poder, polo que moitos darían calquera cousa.

Tralos galardóns que obtivo o primeiro volume da saga, “O coitelo sutil” seguiu colleitando boa acollida por parte dos lectores e da crítica. Así, recibiu o premio ‘Parent’s Choice Gold Book Award’, o premio da Asociación de Bibliotecarios Americanos ao Mellor Libro Xuvenil e o premio ‘Publisher’s Weekly Best Book of the Year’, entre outros.
Novas e poderosas forzas entran en acción nesta outra entrega de Philip Pullman, que constrúe para os lectores unha emocionante rede de historias que se mesturan no tempo e no espazo con gran dinamismo e orixinalidade argumental; por iso “A materia escura” converteuse nunha obra de referencia en todo o mundo grazas á mestría e á imaxinación rebordante do seu creador.
A súa primeira parte estaba ambientada na época victoriana, onde mandaban os férreos corsés da moral e das crenzas; a presente aventura transcorre no mundo actual coñecido. Persiste a rebeldía dos protagonistas, a reflexión en torno a elementos de calado filosófico, a curiosidade científica e as dúbidas existenciais que cuestionan as convencións establecidas. A loita entre o ben e o mal, o afán de coñecemento e a valentía son a chave para que mozos e adultos compartan este interesante desafío.
A tradución de Fernando Moreiras destaca polo seu esmero na recollida de dialectalismos e pola variedade de rexistros que quedan plasmados nesta apaixoante lectura, á que lle seguirá o terceiro título, “O anteollo de ámbar”.