Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Harry Potter e o misterio do príncipe

Ano: 2008
Nº de páxinas: 604
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-9865-128-7

Harry Potter e o misterio do príncipe

J. K. Rowling

Editora: Editorial Galaxia
Tradución: Carlos Acevedo

21,00€

Sexta entrega da serie e tamén o sexto curso de Harry Potter na Escola Howgarts de Maxia e Feiticería

Mentres as malvadas forzas de Voldemort se congregan e un ambiente de tristura e medo se espalla polo país, Harry vai tendo cada vez máis claro que axiña deberá enfrontarse ao seu destino. Así e todo, estará á altura dos desafíos que ten por diante?

Na aventura máis tenebrosa e impresionante de Harry Potter, J. K. Rowling comeza a desenredar habilmente a complexa trama que teceu, de xeito que imos descobrindo máis verdades sobre Harry, Dumbledore, Snape e, por suposto, O Que Non Debe Amentarse...