Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de O Divino Ferrete

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2011
Nº de páxinas: 65
Idioma: Galego

O Divino Ferrete

Ilustración: Héctor Barros
Editora: 2.0 Editora, O Divino Ferrete
Participan: Xabier Cid, Diego Ameixeiras, Iolanda Zúñiga, Alejandro Tobar Salazar, Begoña Paz

6,00€

Edición especial do guión

Lorena, unha moza bonaerense, chega a Compostela cunha chea de angueiras. Unha delas é a voda de Gloria, con toda a pompa católica, por suposto. Nos días previos ao vodorrio, as amigas trebellan a eito; non obstante, a maneira de faceren fronte e aceptaren as circunstancias de ambas as rapazas dista un mundo.

Trátase de cinco escenas e media cargadas de humor, de liberación sexual, sexa isto o que for, e tamén dunha certa dose de hipocrisía, nada que non haxa na sociedade galega moderna, tamén en materia sexual. Por outra banda, hai un intento claro dos guionistas por ofrecer unha visión non demasiado forzada do mundo moderno -tecnolóxico- a través dos seus costumes sexuais.

 

A aparición deste libriño pretende normalizar, dunha maneira digna, a lingua nun dos moitos ámbitos, como o da Xustiza, como o da Sanidade, onde permanece como residual ou directamente non é, o mundo do porno.

Os beneficios da venda desta obra dedicaranse íntegramente ao desenvolvemento do proxecto. 

A estrea da película está prevista para antes do verán de 2011.