Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Limpeza de sangue

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2007
Nº de páxinas: 176
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-9782-522-1

Limpeza de sangue

Rubén Ruibal

Editora: Edicións Xerais

13,60€

XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais do ano 2005
Premio Nacional de Literatura Dramática 2007

Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) de Rubén Ruibal foi a obra gañadora do XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais do ano 2005.

Os seus protagonistas, Fernando e Pantaleón, procedentes de mundos aparentemente opostos coinciden, á espera do seu transplante ou do inevitable pasamento, na sala de diálise dun hospital. Igualados pola situación e obrigados a facerse mutua compañía, coñecen outros aspectos da vida aos que a rutina diaria non lles permitiu que lles prestasen atención. Ven nacer así unha amizade inimaxinable, mentres todo ao seu redor continúa o seu obsesivo, prexuízoso e sistemático funcionamento, no que nin sequera unha inocente proposta roubada de Príncipe e mendigo de Mark Twain abrirá unha nova porta.