Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Aquelas cousas do verán

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 62
Idioma: Galego
Código de barras: 978849295809
ISBN: 978-84-92958-09-2

Aquelas cousas do verán

Manuel Lourenzo

Editora: Difusora

6,00€

Premios Abrente de textos teatrais 2010

Esta peza naceu con vocación impresionista; confórmase con ofrecer, en leves pinceladas, unha serie de "cadros" de verán, a crónica duns seres tocados polo amor e a desventura, en paisaxes que teñen como denominador común o mar calmo ou bruante e mais a sombra ambigua da figueira. Os diálogos, por mor de non veren alterada a súa continuidade, móstranse sen didascalias. Uns espazos en branco, todo o máis, avisan das incisións, constantes ao longo de toda a obra, que actualizan calquera das súas historias ou, se se quere, argumentos. Incisións que poderán, por outra parte, ser reubicadas pola dirección de escena, por algunha conveniencia espositiva. Con todo, sería doado non alterar en demasía as propias estratexias do argumento, baseadas, precisamente, na fragmentación.