Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2010
Nº de páxinas: 96
Idioma: Galego
ISBN: 9788415086031
A néboa amarela
Editora: Biblos
A obra orixinal na que se basea A néboa amarela é unha canción titulada Black Diamond Bay, escrita xusto na metade da segunda metade do século pasado por un cantante/poeta (Bob Dylan) e por un poeta/dramaturgo (Jacques Levy). Tamén é unha obra de teatro, malia que fora pensada nese caso para ser cantada.
Resumir aquí a historia de A néboa amarela sería absurdo, porque toda a graza da desgraza está en ila coñecendo. Logo, para entretemento de filólogos e outros viciosos, suxerimos escoitar a canción –unha das cincocentas mellores cancións de Dylan– e entreterse descubrindo o ben pouco que –din eles– «os presuntos autores engadimos á idea e o moito que botamos a perder da desgraza (hard-luck story) que Dylan e Levy escribiron».





