Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Poemas de África lonxe

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 70
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-937330-5-6

Poemas de África lonxe

Jorge Arrimar, Eduardo Bettencourt

Editora: Edicións Barbantesa

10,00€

Estes poemas foron creados por dous autores angolanos pero brancos. Tal como o expresa Jorge Arrimar nun dos seus poemas a cor da súa pel, a mesma ca a das velas dos navíos que viñan para escravizar os habitantes daquelas beiras, supón un elemento permanente de sospeita e desconfianza da súa africanidade. Porén, dende a distancia (un dende o Canadá e outro dende Portugal) estes dous angolanos brancos seguen rememorando as imaxes do seu país que ocupan aínda un espazo insubstituíble nos seus corazóns.