Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2001
Nº de páxinas: 116
Idioma: Galego
Código de barras: 9788482882031
ISBN: 978-84-8288-203-1
De catro a catro
Editora: Editorial Galaxia
Participan: Helena González Fernández
8,50€
O poemario máis emblemático da vangarda galega, un exercicio de modernidade que nos anos vinte levou á nosa poesía máis lonxe do que nunca antes chegara.
Manuel Antonio deu ao prelo en 1928 un dos libros capitais da poesía galega. No seu momento supuxo o maior pulo para a renovación da nosa lírica. Escrito durante dúas travesías marítimas do autor nos anos anteriores, o mar é protagonista dun poemario que rompe coas formas e estilos máis tradicionais das nosas letras. De catro a catro, o único libro que publicou en vida, é a obra cume do seu autor e un dos exercicios poéticos máis influíntes na literatura galega posterior.





