Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de De Castro

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2011
Nº de páxinas: 50
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-15164-23-4

De Castro

Alberte Momán, Alba Méndez

Editora: A Porta Verde do Sétimo Andar
Colección: Q de Vian Cadernos

7,00€

Colectánea poética de Alba Méndez e Alberte Momán, que unifica a visión de ambos sobre a obra e a figura de Rosalía de Castro, icona da literatura e a identidade galegas. Lonxe de todo academicismo e de pretensiosas actualizacións que estarían fóra de lugar, trátase dunha apropiación da obra da autora galega, para achegala á de dúas persoas diversas nun exercicio de posta en común, non exento de conflitos.

Alberte Momán fálanos do libro:  Polo que respecta a De Castro, cústame realmente definir o proxecto. Non se trata en abosluto dun libro sobre a vida de Rosalía de Castro, senón que, sen grandes pretensións, é un achegamento da obra de Rosalía á produción poética que Alba e máis eu estamos a realizar nestes momentos. Cando menos iso é o que eu vexo unha vez realizada a edición. Claro que como vos digo isto, dígovos tamén todo o contrario. Porque, se ben nun primeiro momento, despois de reler detidamente a obra poética da autora, Rosalía de Castro foi o centro do noso traballo, pouco a pouco fómonos apoderando del, interiorizádoo de tal xeito, que, tratando os mesmos temas, non sabiamos se continuabamos a súa estela ou se, pola contra, erabamos nós a escribir sobre nós mesmos. Tal amálgama de sentimentos, devíu axiña en pequenas disensións que o único que facían era mostrar dúas personalidades que, compartindo moitas visións e experiencias vitais, enfrontábanse á hora de describir esta icona da literatura e a identidade galegas. Malia todo, reforzados por esa conexión debida ao traballo en común, decidimos propor ao colectivo A Porta Verde, do que participamos, a publicación do actual volume, integrado, como número un, nos Q de Vian Cadernos.

 

Q de Vian Cadernos é unha iniciativa do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar, que con este primeiro número busca incidir na visibilidade da produción artística galega. Esta colección nace con afán de continuidade, polo que periodicamente abrirase a porta deste espazo á participación de artistas galegos e galegas, así como a autores e autoras de países lusófonos cos e coas que xa actualmente se manteñen relacións.